miércoles, 1 de mayo de 2013

NOTA DE PRENSA DE AGA

Prohibición dos pesticidas neonicotinoides
 
Despois de 18 anos de dura loita, a Unión Europea ven de realizar unha votación trascendental para as nosas abellas, para a biodiversidade e para a cadea alimentaria. A partir do 31 de decembro de 2013 e durante dous anos os insecticidas neonicotinoides, causantes da enorme desaparición das abellas (entre un 30 e un 40% anual), serán prohibidos.
 
Dende AGA congratulámonos desta noticia e estamos moi satisfeitos xa que a nosa persistente loita non foi valdía, senón todo o contrario. Este feito abre un camiño de moitas posibilidades para a apicultura galega. 

Seguiremos loitando para que se prohiban totalmente tanto en sementes como en horticultura e fruticultura. A saúde das nosas abellas, do medio ambiente e dos alimentos que tomamos non poden estar nas mans dunhas multinacionais que puxeron a vida da biosfera ao límite nos últimos anos.
 
Animamos a todos os interesados e interesadas a participar activamente nos cursos que AGA está impartindo por toda a xeografía galega. O día 1 de xuño en Arzúa, xunto coa 28 Mostra Galega de Apicultura, celebraremos esta importante vitoria, froito da loita dos apicultores e apicultoras, ecoloxistas e outros colectivos a nivel mundial.
 
 
Mais información en www.apiculturagalega.es
 
Suso Asorey

No hay comentarios:

Publicar un comentario