Aunque está en gallego, más o menos se entiende:
FUMIGACIÓNS NON – MANIFESTACIÓN
EN COMPOSTELA 10 DE XUÑO
Saída ás 12:00 h. dende a Alameda de Santiago.
Únete o enxame que percorrerá Compostela este domingo 10 de xuño contra as fumigacións!
A Plataforma contra as Fumigacións vai defender este domingo un país sen pesticidas nas rúas de Compostela. As voces de abelleiros, labregos, ecoloxistas e mais de 40 organizacións sociais de todo o país van crear un zunido imposible de calar. A Xunta de Galicia terá que escoitar o clamor en contra dunhas fumigacións que van contra o sentido común, contras as leis e o que é mais importante, contra o futuro da agricultura, dos ecosistemas e da saúde de milleiros de galegas e galegos que viven nas decenas de puntos que xa están marcados no mapa militar desta guerra contra a nosa soberanía alimentar e para maior gloria da auténtica praga: o eucalipto.
Axúdanos a espallar esta convocatoria. Fala do problema cos teus amigos, familiares, compañeiros de traballo, veciños… En adxuntos vai o cartaz, para que quen poida os imprima e pegue nos locais ou lugares máis axeitados. Agradécese a súa difusión a outros colectivos ou redes.
Xa o dicían os nosos vellos: se morren as abellas, morremos nós.
Calquera día poden aparecer os helicópteros sobrevoando a túa vila, a túa aldea, os nosos montes.
Agora é o momento de pararlles os pés, o domingo 10 de xuño en Compostela.
Comparte este vídeo (realizado pola xente de Gz Vídeos) cos teus contactos e paremos o Apocalypse Flufenoxurón!
No hay comentarios:
Publicar un comentario